I Concurso de Bólas de Nadal

AECORCCA Admin 22 Decembro 2020 - 06 Xaneiro 2021

O 14 de decembro deuse a coñecer o fallo do xurado do "I Concurso de Bólas de Nadal" organizado por AECOR.

Presentáronse 237 bólas en 1ª categoría (nenos de 3 a 5 anos) e 495 bólas en 2ª Categoría (nenos de 6 a 12 anos).

O xurado estivo formado por oito persoas de diferentes organismos de referencia da comarca de Ordes:

Dona Belén Mato Souto, representante da ANPA CPI Ponte Carreira.

Dona María José Lois Louro, representante da ANPA CEIP Mesón do Vento.

Dona Belén Fraga Don, representante da ANPA CEIP plurilingüe Celso Emilio Ferreiro.

Dona Beatriz Iglesias Otero, representante da ANPA CPI O Cruce de Cerceda.

Dona María Isabel Graña, representante do Colexio Castelao de Ordes.

Dona Jéssica López, concelleira de comercio do Concello de Ordes.

Dona Beatriz Lata Rey, representante do Colexio Campomaior.

Don David Viaño Noya, presidente de AECOR.

Despois dunha ardua deliberación, chegaron ao veredicto final no que se determinaron os nomes dos gañadores.

Os pais dos gañadores xa foron informados do resultado final do xurado. 

E dende a xerencia da Asociación puxémonos en contacto coas Súas Maxestades de Oriente para que fagan chegar a estes nen@s os  tan merecidos premios.

Queremos darvos as grazas a todos os que participastes:  fixestes un moi bo traballo, sodes uns grandes artistas! Pero, ollo, non vos despitedes e buscade as vosas bólas nos escaparates ou nos locais de  AECOR e participade no Sorteo de "Atopa a túa bóla".

Ver versión completa