¡Comenza o Curso con AECOR! Do 1 de agosto ao 4 de setembro, por cada compra superior a 10 euros nos establecementos asociados, recibirás unha entrada para a gran festa do 4 de setembro, a partir das 16:00 horas, no Campo da Feira de Ordes, con inchables, xogos de atracción, animación e unha gran festa da escuma. Fai as túas compras no comercio local, consigue a túa entrada e ven a desfrutar dunha tarde inesquecible con AECOR!