Dende a asociación e no Día Internacional da Muller queremos darlle visibilidade ás mulleres que son socias de AECOR ou o foron algún día e que lle deixaron o legado dos seus negocios ás súas fillas, noras ou netas e ás que lle abriron o camiño, lle transmitiron a súa experiencia e deron o apoio para saír adiante.
Queremos agradecer as voces que se deixaron oír:
Por orde de aparición.
María José e a súa filla Lucía, de Carma Zapatería.
Dolores e a súa filla Ana, de Hotel-Restaurante Barreiro.
Fina e a súa filla Natalia, de Joyería Aurelio.
Carmiña e a súa filla Sandra, de Confecciones Blanco.
Flora e a súa filla María, de La Oca Verde.
Natalia, irmá de Susana; netas de Amalia e fillas de Carmen, terceira xeración de Comercio de Pazos.
Ángeles e a súa filla Alba, de Parrillada Pontequinín.
Esther e a súa filla Noelia, de Floristería As Mimosas.
Balbina e a súa filla Pilar, de Joyería Alfonso.
Teresa Álvarez e a súa filla Ana, de Teresa Álvarez-A Casa das Medias.
Ana, filla de Milagros, segunda xeración de Panadería Milagros.