8 de marzo

AECORCCA Admin 08 Marzo 2021 8 de marzo
8 De Marzo 1/1

Dende a asociación e no Día Internacional da Muller queremos darlle visibilidade ás mulleres que son socias de AECOR ou o foron algún día e que lle deixaron o legado dos seus negocios ás súas fillas, noras ou netas e ás que lle abriron o camiño, lle transmitiron a súa experiencia e deron o apoio para saír adiante.

Queremos agradecer as voces que se deixaron oír:

Por orde de aparición.

María José e a súa filla Lucía, de Carma Zapatería.

Dolores e a súa filla Ana, de Hotel-Restaurante Barreiro.

Fina e a súa filla Natalia, de Joyería Aurelio.

Carmiña e a súa filla Sandra, de Confecciones Blanco.

Flora e a súa filla María, de La Oca Verde.

Natalia, irmá de Susana; netas de Amalia e fillas de Carmen, terceira xeración de Comercio de Pazos.

Ángeles e a súa filla Alba, de Parrillada Pontequinín.

Esther e a súa filla Noelia, de Floristería As Mimosas.

Balbina e a súa filla Pilar, de Joyería Alfonso.

Teresa Álvarez e a súa filla Ana, de Teresa Álvarez-A Casa das Medias.

Ana, filla de Milagros, segunda xeración de Panadería Milagros.