COÑECE AECOR
DESFILE DE MODA
O 29 DE OUTUBRO NO MUSEO DO TRAXE JUAN JOSÉ LINARES
Aecor realiza o seu primer desfile xunto cos seus socios nun entorno inigualable como é o Museo do traxe de Ordes; un desfile creado especialmente para dar visibilidade ao comercio local e destacar a importancia do mesmo e, por suposto, presumir da súa grande calidade e variedade.
Neste desfile participan diversos comercios con roupa casual, roupa de festa, roupa de cerimonia, calzado de festa, calzado casual, complementos, ópticas…
Conducirá o evento Esther Estévez, presentadora do “Dígocho eu” da TVG, e contará coa participación de Jorge de Álvarez, destacado deseñador galego que nos presentará a súa colección” EMPTY NOISE”, ademais de con 18 modelos profesionais. A maiores, e para que este espectáculo sexa memorable, estarán ao mando grandes profesionais de “Galicia de Moda”.
Para que non perdas ningún detalle realizaremos tres pases ao longo do día; o aforo estará limitado a 80 persoas por pase e a entrada será aberta e totalmente gratuíta ata completar aforo.
*Entre os asistentes sortearase un premio de 250€ dende a aplicación AECOR CLUB.
1º PASE 13:00H
2º PASE 17:00H
3º PASE 19:00H