COÑECE AECOR

AECORCCA Admin 21 Outubro 2022 - 29 Outubro 2022 Campañas
COÑECE AECOR 1/1

COÑECE AECOR

DESFILE DE MODA

O 29 DE OUTUBRO NO MUSEO DO TRAXE JUAN JOSÉ LINARES

Aecor realiza o seu primer desfile xunto cos seus socios nun entorno inigualable como é o Museo do traxe de Ordes; un desfile creado especialmente para dar visibilidade ao comercio local e destacar a importancia do mesmo e, por suposto,  presumir da súa grande calidade e variedade. 

Neste desfile participan diversos comercios con roupa casual, roupa de festa, roupa de cerimonia, calzado de festa, calzado casual, complementos, ópticas…

Conducirá o evento Esther Estévez, presentadora do “Dígocho eu” da TVG, e contará coa participación de Jorge de Álvarez, destacado deseñador galego que nos presentará a súa colección” EMPTY NOISE”,  ademais de con 18 modelos profesionais. A maiores, e para que este espectáculo sexa memorable, estarán ao mando grandes profesionais de “Galicia de Moda”.


Para que non perdas ningún detalle realizaremos tres pases ao longo do día; o aforo estará limitado a 80 persoas por pase e a entrada será aberta e totalmente gratuíta ata completar aforo. 

*Entre os asistentes sortearase un premio de 250€ dende a aplicación AECOR CLUB.

 

  • 1º PASE 13:00H

  • 2º PASE 17:00H

  • 3º PASE 19:00H

 

*Ao finalizar o desfile ofrecerase un catering do que poderán desfrutar todos os asistentes.


PARTICIPANTES:

- A casa das medias - Teresa Álvarez

- Alfombra Roja Zapatos

- Calzados Capitán

- Confecciones Blanco

- Dress

- Ekaté

- Gala

- Mercería-Lencería Andrea

- Moda Xoven Xan Ferreiro

- Multiópticas Verónica Dono

- Óptica Pilar Mariño

- Pasos

- Tasmania

- Tendas Muxa

Documentación