Como agradecemento ao gran esforzo e á enorme participación no noso “I concurso de bólas de Nadal” - máis de 700 nen@s-, queremos sortear entre eles 4 tarxetas de “Xuntos +”.
Cada unha destas tarxetas estará cargada con 50€ que poderán gastar en calquera establecemento de AECOR.
Para poder conseguir unha delas terás que seguir estes tres sinxelos pasos:
1_Cada neno terá que localizar a súa bóla nos distintos establecementos asociados e facerlle unha foto.
2_ Subirá esa foto a Facebook (válido desde o perfil do pai, da nai ou dun familiar).
3_ Etiquetará o establecemento onde está a bóla e a @aecorordes.
Válido ata o 6 de xaneiro ás 00:00.
O sorteo e o resultado faranse públicos o 15 de xaneiro en Facebook, Instagram e en www.aecorcca.com.