San Valentín 2021

AECORCCA Admin 12 Febreiro 2021 Campañas
San Valentín 2021 1/4
San Valentín 2021 2/4
San Valentín 2021 3/4
San Valentín 2021 4/4

O día 12 de febreiro foi o derradeiro día para participar no xogo das preguntas da campaña de San Valentín 2021 “Namórate con AECOR”.

Unha proposta que gustou moito xa que se rexistraron 2029 xogadores que xogaron 7872 partidas en 6 días.

O enlace dirixía a unha app co xogo que consistía en responder 14 preguntas tipo test, todas relacionadas co comercio de AECOR e o día de San Valentín, e facelo o máis rápido posible para conseguir a máxima puntuación posible.

Os dez participantes coa puntuación máis alta levaron un lote de premios cedidos polos nosos socios.

Queremos dar as grazas aos socios colaboradores, a todos os participantes e a CGProducciones por facer posible esta campaña de San Valentín tan atípica.

E como non! Parabéns aos gañadores!

Documentación