Día do Pai

AECORCCA Admin 19 Marzo 2021 Campañas
Día Do Pai 1/1

Unha data sinalada no calendario para agradecer e demostrar todo o que queremos aos nosos pais e avós. 

O día do pai é a ocasión perfecta para fortalecer a relación entre pais e fillos e facer algo especial, único e diferente; sen esquecer que as celebracións son sempre motivo de alegría para as familias, sobre todo para os máis pequenos.
Ben sexa cun detalle ou cun xesto, seguro que todo o que precisas e imaxinas para homenaxear ao teu pai neste día o atoparás nos comercios locais de Ordes. Sabela, por exemplo, ten pensado  agasallar ao seu pai cunhas ricas madalenas feitas por ela, e achegarase a algún dos nosos supermercados  para conseguir os ingredientes necesarios. Que ti non te atreves a facelas? Sempre podes mercalas feitas nas nosas pastelarías de confianza, de seguro estarán de rechupete. E se tes un pai presumido como o de Gael, podes mercarlle roupa ou calzado nas moitas tendas que temos en  Ordes.

 Non dubides que con  cualquera das opcións que escollas os nosos comercios asociados te asesorarán para que acertes con teu agasallo.

Sexa o que sexa que queiras e imaxines agasallar:

AGASALLA SEMPRE COMERCIO E HOSTALARÍA LOCAIS. O mellor sempre con AECOR.