Vir mercar a AECOR ten dobre premio: atopas todo o que precisas ao mellor prezo e con cada unha das túas compras nos locais adheridos a esta campaña entras no sorteo de premios directos… un Branch, un Móbil, Bonos agasallo, Roupa, Complementos e moitos máis detalles que de seguro che van encantar.
E se ademais tes peques na casa con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, podes apuntalos aos obradoiros que faremos os venres 23 e 30 de xullo simplemente amosando o tícket de compra dun dos locais que participan nesta campaña.
Xa ves que mercar en AECOR son todo vantaxes; mercando con nós sempre gañas!
Para anotarse no Obradoiro de Papel Artesán Reciclado do venres 23 deben facelo na seguinte ligazón: https://forms.gle/gqxDGoQ3tDY6aVAZ7.
Para anotarse na Xincana de Reciclaxe do venres 30 deben enviar un correo á seguinte dirección: vagalumeocio@vagalumeocio.es . O asunto da mensaxe será Xincana Aecor e deberán indicar o nome do neno ou nena e idade, nome do pai, nai ou titor e teléfono de contacto.
En ambos casos se o neno ou a nena é aceptado, recibirá un correo de confirmación. As prazas son limitadas e estas daranse por orde de inscrición.