Volve o concurso máis agardado polos máis peques da casa, no que botan a voar a súa imaxinación e sacan todo o potencial que levan dentro, xunto coa ilusión e a maxia do Nadal.
Se es da Comarca de Ordes e tes entre 3 e 12 anos podes participar para conseguir un destes marabillosos premios:
1ª Categoría_E. Infantil - de 3 a 5 anos
|
2ª Categoría_E. Primaria - de 6 a 12 anos
|
Para conseguilos só tes que crear unha bóla/adorno usando o teu inxenio e así sorprender ao noso xurado.
A que estás esperando? Ponte mans á obra; tes ata o 10 de decembro!
*Máis abaixo, nesta mesma páxina web, atoparás a etiqueta que debes descargar e cubrir cos teus datos para, finalmente, axuntala ao teu adorno.