Nadal con AECOR

AECORCCA Admin 10 Decembro 2021 - 06 Xaneiro 2022 Campañas
Nadal Con AECOR 1/1

Volve o Nadal e, como non, volve o sorteo máis ansiado e agardado por todos os que xa formades parte da familia AECOR.

É a forma que ten Aecor de agradecervos que, día tras día, nos sigades escollendo como a vosa  zona de compras, e este ano tiramos a casa pola fiestra para que o noso cariño vos chegue a todos.

15.000€ en Premios repartidos en 194 Premios Directos.

  • 14 premios de 250€
  • 50 premios de 100€
  • 130 premios de 50€

A maiores haberá Regalos Sorpresa Directos e un premio final para realizar “A Viaxe da túa Vida”.

Xa sabes que o único que tes que facer é realizar as túas compras en tendas Aecor ou consumir nos locais de hostalaría asociados (ver apartado de socios en esta mesma Web) e, sen importe mínimo de gasto, entras directamente no sorteo.

O sorteo realízase a través da app de Sorteos de AECOR como ata o de agora; pero este ano incluímos unha nova (descargable desde Play Store) chamada AECORCLUB, a cal che permitirá gastar o teu premio e na que, ademais, atoparás vantaxes que pouco a pouco che iremos contando. *Se non tes un dispositivo móbil válido, non te preocupes: acude á nosa oficina e resolvemos o problema.

Para máis información consulta as bases do sorteo que podes descargar ou ver nesta mesma páxina web.

Documentación