Saborea San Valentín 2022

AECORCCA Admin 01 Febreiro 2022 - 14 Febreiro 2022 Campañas
Saborea San Valentín 2022 1/1

Do 1 ao 14 de febreiro tes unha cita en Ordes

Ven facer as túas compras e consigue unha cesta gourmet das 14 que sorteamos nos nosos comercios asociados: participas desde a nosa App de Sorteos AECOR simplemente por realizar a túa compra.

E para deixarte cun bo sabor de boca, ven saborear as tapas que che ofrece a nosa hostalaría as dúas fins de semana desta quincena tan romántica:

-Descubre o "Saborea", unha tapa diferente cada fin de semana dentro dunha ruta de tapas entre os locais da nosa hostalaría adherida á campaña.

-Participa e gaña unha das dúas fins de semana románticas para dúas persoas que sorteamos.


*Escanea o Qr do establecemento para valorar a súa tapa: mínimo tres locais de hostalaría para poder participar no sorteo dunha fin de semana romántica. **Todo participante deberá estar rexistrado en AECORCLUB.

Participantes do Saborea:

  1. Doniña 
  2. Mesón de Deus 
  3. A Campana
  4. Nordés Pool Bar
  5. Trigalia
  6. A Barrica

 

*AECORCLUB

  Aínda non a descargaches? Busca na Play Store ou na App Store do teu móbil e aprovéitate das súas vantaxes.

Documentación