DO 19 DE MARZO AO 1 DE MAIO AS TÚAS COMPRAS TEÑEN PREMIO

AECORCCA Admin 19 Marzo 2022 - 01 Maio 2022 Campañas
DO 19 DE MARZO AO 1 DE MAIO AS TÚAS COMPRAS TEÑEN PREMIO 1/1

Para celebrar os días máis importantes das persoas que máis queremos e lle poidas facer os mellores agasallos e darlles as mellores sorpresas, dende o día do pai ata o día da nai en AECOR faremos un sorteo semanal no que enchemos o depósito do teu coche.

Porque AECOR faiche a vida máis sinxela, porque facemos camiño xuntos.

As túas compras nestas datas teñen premio!

Cada compra ou consumición que realices en calquera dos locais asociados darache a posibilidade de rexistrala en AECORCLUB e entrar directamente no sorteo semanal de 75€ para encher o depósito do teu coche ata o final da campaña, tanto na ESTACIÓN de SERVICIO de ORDES como na ESTACIÓN DE SERVICIO CEPSA de OS CARBALLOS.

Non te despistes se aínda non descargaches a App! Descárgaa e rexistra todas as túas compras para ter máis posibilidades de gañar, e non perdas os gañadores de cada semana nas nosas RRSS.

 

Aínda non descargaches a nosa aplicación?

Busca *AECORCLUB* en Play Store ou na App Store do teu dispositivo móbil e aprovéitate de todas as súas vantaxes.

Para máis información, deixamos por aquí as bases do sorteo:

Documentación