CHAMPIÑÓN 2022

AECORCCA Admin 22 Abril 2022 - 24 Abril 2022 Campañas
CHAMPIÑÓN 2022 1/1

O 22, 23 e 24 de abril tes unha cita en Ordes.

Este ano, a diferenza do ano pasado, desfrutaremos un pouco máis do champiñón, tanto coa nosa familia coma cos amigos, aínda que debemos lembrar que sempre con #sentidiño.

Dende a asociación AECOR (en colaboración co Concello de Ordes e a Deputación de A Coruña) teremos a oportunidade de vivir o Saborea máis agardado do ano, nesta ocasión amenizado pola Banda de Ordes e as charangas BB+ e TNT.

Este Saborea celebrarase o DOMINGO 24 e consistirá na degustación das mellores tapas de champiñóns: este fungo será cociñado de diferentes maneiras polos locais de hostalaría asociados a Aecor.

Esta fin de semana poderás visitar tamén a Feira de Artesanía que se ubicará na Alameda e desfrutar ademais da compañía de tres marabillosas orquestras como son Finisterre, Costa Dorada e Olympus.

Os locais que participan son os seguintes:

  1. A Bolera
  2. A Campana
  3. Adega A Barrica
  4. Asador O Forno
  5. Café Bar Fraga
  6. Café Bar Restaurante El Tunel
  7. Café Bar Sabor Brasil
  8. Cafetería Maral
  9. Cafetería San Roque
  10. Casa Barreiro
  11. Casa Rural Antón Veiras
  12. Cervecería PJ
  13. Doniña
  14. Feitizo
  15. La Trigalia
  16. Mesón de Deus
  17. Mesón do Pulpo Guindiboo
  18. Parrillada O Rancho
  19. Pizzería A Quintana
  20. Pulpería Verde Galicia
  21. Restaurante Os Arcos
  22. Vaivén