A Noite Branca de Samaín celebrouse do 28 ao 31 de outubro, sendo o sábado o día forte. Foi durante esa tarde cando animadores caracterizados para a ocasión e un grupo de gaiteiros percorreron os negocios e rúas de Ordes amenizando a xornada. Todos os clientes que visitaron e fixeron as súas compras en Ordes entraron no sorteo para disfrutar dunha semana en autocaravana. Finalmente, a tarxeta elixida entre máis de 10000 participantes foi a de Marisa Meijide.