Xa están aquí as datas que máis ilusión nos fan de todo o ano, nas que nos reunimos, compartimos e celebramos coa familia, cos amigos…E un ano máis, dende AECOR, queremos agradecerche que formes parte desta gran familia, a túa confianza e que nos sigas escollendo como a zona de compras de referencia para ti e os teus, e como non, recompensarche acercándote un cachiño da maxia do Nadal.
Mercando en Ordes as túas compras terán premio, especialmente do 5 de decembro de 2022 ao 6 de xaneiro de 2023.
8.000€ REPARTIDOS EN 135 PREMIOS DIRECTOS E 2000€ PARA DECORAR O TEU FOGAR
- 5 premios de 200€
- 10 premios de 100€
- 120 premios de 50€
No caso de non resultar premiado nos premios directos, terás a oportunidade de entrar directamente no sorteo final de 2.000€ para decorar o teu fogar.
Como en anteriores campañas, o único que tes que facer para poder participar é realizar as túas compras nas tendas asociadas ou consumir nos locais de hostalaría asociados; entrarás directamente no sorteo sen un gasto mínimo esixible.
O SORTEO REALIZARASE A TRAVÉS DA APP AECORCLUB.
- Deberás ter app descargada e actualizada a 1 de decembro DE 2022.
- Terás que escanear o código QR que che ofreza o comerciante ou hostaleiro co teu móbil dende a app (ou ben que o comerciante ou hostaleiro o faga por ti). *Este ano teremos tamén os códigos QR impresos para axilizar as compras.
- Se che toca un premio directo poderás dispoñer del en 24h.
- E se non tes sorte, poderás rexistrarte para o premio final de 2000€ para decorar o teu fogar.
*SI NON TES UN DISPOSITIVO MÓVIL VÁLIDO, NON TE PREOCUPES: ACUDE A NOSA OFICINA Y E AXUDARÉMOSCHE.