BRILLANTE NADAL CON AECOR

AECORCCA Admin 18 Decembro 2023 - 05 Xaneiro 2024 Campañas
BRILLANTE NADAL CON AECOR 1/1

Xa chegaron as datas con máis ilusión e maxia do ano, unha data na que nos reunimos cas persoas que máis queremos.

É un ano máis dende AECOR, queremos agradecerche que formes parte desta gran familia e que nos sigas escollendo para as túas compras, e como non recompensarche por toda a confianza.

Agora vir a Ordes ten premio especialmente do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, achégate ao Parque da Constitución, alí estará a ruleta da sorte, na que ademais de premios varios se sortearán 5000€ en vales de 30 e 50€ para que poidas gastar nos comercios asociados, así as túas compras nestas datas serán máis fáciles.

Pero ese non é o único premio, este ano queremos que o Nadal sexa ao grande, por iso haberá un sorteo final de 500€ , do 18 de Decembro ao 5 de Xaneiro, o único que tes que facer é, igual que en anteriores campañas, rexistrar as túas compras nos locais asociado na aplicación de Aecorclub e xa entrarás directamente no sorteo.

Documentación