BONO TARXETA REGALO AECORCLUB

AECORCCA Admin 10 Decembro 2020 - 10 Maio 2025 Campañas
BONO TARXETA REGALO AECORCLUB 1/1


Un agasallo totalmente a medida en función do que se necesite en cada momento, para empresas ou particulares.


  1. AGUINALDO NAVIDEÑO PARA EMPREGADOS.
  2. INCENTIVO PARA EMPREGADOS.
  3. AGASALLO PARA CLIENTES E/OU PROVEEDORES.
  4. AGASALLO A FAMILIARES OU ACHEGADOS

 

Na nosa aplicación AECORCLUB  podes agasallar co importe que queiras a quen desexes, solo facilitándonos o nome e o teléfono móbil da persoa que pretendas obsequiar.

Queremos ser a mellor opción de compra para os consumidores e ser a zona de compras de referencia. Ser competitivos e poder ofrecer os nosos servizos e produtos a un maior número de poboación posible, creando unha economía circular.

 

AECOR é unha asociación sen ánimo de lucro formada polo conxunto de pequenas e grandes empresas locais.

 

Formato e Condicións do BONO TARXETA AECORCLUB

 

  1. A solicitude e o uso do bono non ten comisións nin gastos, son totalmente gratis.
  2. Entregase unha tarxeta coas instrucións para descargar e usar o bono dende a app, xunto cun embalaxe estándar de decoración de nadal ou personalizado. Poderá engadir unha dedicatoria, a que se desexe, tamén levará unha relación dos establecementos adheridos a  AECOR no momento da súa impresión. 
  3. O bono regalo virtual non ten caducidade.
  4. O solicitante ten a opción de escoller a tenda o tendas onde se poderá canxear o bono.
  5. O bono poderase canxear nos 110 establecementos AECOR e solo poderá ser escaneado polo asociado.
  6. O prazo de entrega del embalaxe é de 4 a 6 días laborables unha vez se solicite e se abone o pago na conta bancaria da asociación : ES3310182 4690 3502 0160 3593 Beneficiario: AECORCCA  / CONCEPTO: Bono regalo e número de teléfono do beneficiario.


Como se solicita?

Na seguinte ligazón: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSelK2Am-D8ua9yWsChRIEwi4GtI3D2LMml0yKoUAenweDHrbQ/viewform?usp=sf_link

Ou poñéndose en contacto con AECOR polos seguintes medios:

Por e-mail: administracion@aecorcca.com

No teléfono 622 827 842

De forma presencial nas oficinas de AECOR: Rúa Xoxardo, s/n - 15680 - Ordes - A Coruña, no horario de 08:00 a 16:00 

Ou nas tendas que teñan o formulario a dispor do cliente.

*En todos os casos deberase de cubrir o formulario cos datos requiridos. 

Unha vez cargadas, as tarxetas entregaranse na oficina de AECOR ou no establecemento solicitado no prazo de 4 a 6 días laborables.