Faite socio hoxe mesmo!

Forma parte de AECOR e dá un impulso real ao teu negocio. Únete a unha rede de empresas locais que traballan xuntas para crecer, gañar visibilidade e atraer máis clientes.

Ser socio de AECOR permíteche acceder a campañas comerciais, accións de dinamización, ferramentas dixitais e promocións conxuntas que fortalecen a túa presenza no mercado e che conectan con novos públicos.

Ademais, formarás parte dunha comunidade activa que aposta polo comercio de proximidade, a colaboración entre empresas e o desenvolvemento dunha economía local máis forte e competitiva.

Por que unirte?

  • Maior visibilidade para o teu negocio
  • Participación en campañas e eventos
  • Acceso a iniciativas como AECORCLUB
  • Promoción conxunta e apoio constante
  • Pertenza a unha rede empresarial sólida

Dar o paso é moi sinxelo. Só tes que completar o formulario de inscrición e comezar a gozar de todas as vantaxes de formar parte de AECOR.

Datos empresa
A empresa, á que se refiren os datos sinalados arriba, solicita a súa afiliación á Asociación de Comerciantes e Empresarios da Comarca de Ordes – AECOR.
En
a
de
de 20
ES
En
a
de
de 20
De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoste de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é ASOCIACION DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS COMARCA DE ORDES, en adiante ACORDES; con correo electrónico eumercoenordes@gmail.com. Os datos recabados serán utilizados para prestar o servizo solicitado e a xestión administrativa derivada do mesmo. O tratamento dos seus datos está lexitimado pola execución do contrato. O envío de información comercial e uso de fotografías/vídeos, está lexitimado polo seu consentimento expreso. Os seus datos non se cederán a terceiros, salvo por obriga legal. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento e solicitar a portabilidade dos mesmos en calquera momento. Para iso, ACORDES dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos solicitándoa en: eumercoenordes@gmail.com.

PUBLICIDADE: Necesitaremos o seu consentimento para enviarlle información sobre os nosos servizos e promocións. Por favor, marque unha das casas en función de se desexa ou non recibir a nosa información comercial.

Vantaxes de ser socio de AECOR CCA

Formar parte da Asociación de Comerciantes e Empresarios da Comarca de Ordes (AECOR CCA) é moito máis que unirse a unha entidade: é integrarse nunha rede activa de colaboración, apoio e desenvolvemento empresarial. Como socio, accedes a múltiples beneficios deseñados para impulsar o teu negocio:

Representación e defensa de intereses

AECOR CCA actúa como interlocutor ante as administracións públicas e outros organismos, defendendo os intereses do comercio e a empresa local.

Promoción e visibilidade

Participación preferente en campañas de dinamización, promoción colectiva, feiras, sorteos e eventos organizados pola asociación.

Formación e asesoramento

Acceso a xornadas formativas, charlas e talleres adaptados ás necesidades do tecido comercial e empresarial, ademais de asesoramento personalizado en áreas clave como márketing, dixitalización ou normativa.

Networking e colaboración

Creación de sinerxias con outros negocios asociados para fomentar a cooperación, as alianzas estratéxicas e o crecemento conxunto.

Apoio á dixitalización

Asistencia para mellorar a presenza en liña, uso de ferramentas dixitais, e participación en proxectos innovadores de transformación dixital.

Información actualizada

Recepción periódica de información relevante sobre subvencións, normativas, axudas públicas e tendencias do sector.

Condicións especiais e descontos

Acceso a convenios con empresas colaboradoras que ofrecen vantaxes exclusivas aos asociados (bancos, seguros, provedores, etc.).

Participación activa no desenvolvemento local

Contribución directa ao fortalecemento do tecido comercial e empresarial da comarca, reforzando o impacto positivo na comunidade.