Servizos

APP SORTEOS AECOR

APP SORTEOS AECOR - foto 1/1

En AECOR dispoñemos dunha aplicación para a creación de Sorteos por medio de códigos QR .

A aplicación web serve para a realización de sorteos por parte  da asociación  e para que os establecementos asociados poidan ser partícipes xunto cos seus clientes.

Dende esta aplicación temos a posibilidade de facer sorteos coas modalidades de premios directos, sorteo final ou mixto entre todos os participantes rexistrados, de tal xeito que permite a realización de ditos sorteos sen a necesidade de manexar papeletas, rascas ... sendo máis ecolóxicos co medio ambiente ao non ter que imprimir papel.

A aplicación consta dunha parte onde o comercio xera un código QR con cada compra dentro da campaña activa, despois de terse identificado co seu usuario e contrasinal.

Nesta mesma parte o cliente pode ler o código QR dende o seu dispositivo e comprobar se foi gañador ou ben rexistrarse para o sorteo final, dependendo da modalidade da campaña activa nese momento. A app tamén conta cunha zona de administración onde os administradores poden xestionar as campañas.

A aplicación garda os datos dos usuarios rexistrados, respectando a Protección de Datos e a autorización que o usuario nos concedeu sobre os mesmos, polo que unha vez rexistrado na base de datos en calquera das campañas, nas seguintes  só terán que identificarse con seu teléfono para participar nas mesmas, aforrando tempo ao comerciante e máis ao usuario nos rexistros.

A app envía automaticamente emails aos usuarios se  así o precisan os administradores, como por exemplo para comunicarlle, como gañador, a onde se ten que dirixir para reclamar o seu premio.

A aplicación web está desenvolvida coas últimas tecnoloxías. 

A parte frontal, onde se amosan as pantallas da aplicación coa que interactúan tanto os establecementos e os clientes como a administración, desenvolvéronse co framework Nuxt. Js

Esta parte do frontal e administración comunícase coa base de datos aloxada na nube a través dunha API Rest de Laravel que é outro dos frameworks novedosos e recoñecidos.

http://sorteos.aecorcca.com/login

APP creada por BITNORTE.  Máis info: https://bitnorte.es/