Servizos

APP DE FIDELIZACIÓN AECOR

APP DE FIDELIZACIÓN AECOR - foto 1/1

Unha App móbil  para a fidelización e captación de novos clientes por parte dos nosos establecementos asociados.

 Para o uso da aplicación é preciso o rexistro  como usuario e como cliente dos establecementos de AECOR, para así acceder ás vantaxes que a asociación pon a disposición dos seus clientes.

 A app consta de dúas formas de administración:

  1. AECOR: pode lanzar promocións xenéricas, ben sexa por puntos, por porcentaxes ou por recompensas.

  2. SOCIO: cada establecemento pode lanzar as súas propias campañas de xeito individual, tendo en conta as características propias do seu sector. Poderán lanzar campañas por acumulación de puntos, descontos na compra ou en determinadas compras, recompensas ou de comercio circular. 

Dentro das campañas de comercio circular, os socios que venden benefician ao cliente que lles compra coas campañas que lancen outros socios. Ex: un cliente compra un vestido nunha tenda e esta dálle dende a app un desconto dispoñible nunha zapatería para mercar uns zapatos.

*Tamén poderán dar de alta as promocións e noticias máis interesantes para a súa clientela. 

 O cliente ademais de beneficiarse das campañas de fidelización terá unha ferramenta moi útil para informarse das promocións, xestionar e consultar os seus descontos acadados e identificarse co seu código QR persoal. O usuario dende o seu panel poderá darse de alta ou de baixa dos comercios que lle interesen.

A App é compatible tanto con  Android como con iOS e está desenvolvida coas últimas tecnoloxías.

Tanto o panel frontal da app para o cliente como a parte de xestión para o establecemento están desenvolvidos co framework Flutter, que usa como linguaxe de programación Dart, unha linguaxe creada por Google. Con este framework xéranse aplicacións nativas tanto en Android como en iOS coa vantaxe de que son moito mais áxiles que as aplicacións que non son nativas.

 A App comunícase coa base de datos aloxada na nube a través dunha API Rest de Laravel, que é outro dos frameworks máis novedosos e recoñecidos.

APP  creada por BITNORTE.  Para máis info:https://bitnorte.es/